martes, 31 de marzo de 2020

HOXE LEMOS... LEOTOLDA

Hoxe imos ler o conto Leotolda, da autora e ilustradora Olga de Dios. Tres amigos van en busca de Leotolda, axúdaos a atopala!


Gustouche a historia? A min moitísimo!
Agora... Lembras como faciamos en clase? 
Escribe o título e a autora do conto. Despois fai un debuxo e escribe algo relacionado co conto.

luns, 30 de marzo de 2020

XOGAMOS COS NÚMEROS... CRUCINÚMERO

Hoxe imos xogar cos números, na clase faciámolo cun panel grande de números, pero hai que adaptarse.... 
Podemos usar unha plantilla coma esta, para ir cubrindo os datos do número co que estamos a xogar:


Como material podemos usar paíños ou garabanzos para formar grupiños de decenas, dados, tarxetas con números ou simplemente ir dicindo números mentalmente do 0 ao 9 e formar o número que toque!





 Déixovos un vídeo onde vos explico o xogo.  


venres, 27 de marzo de 2020

PRIMAVERA II

Como nos gusta moito cantar e bailar, premede na imaxe para escoitar a canción "Viva a primavera" do álbum Coas miñas mans de Pablo Díaz.

https://www.youtube.com/watch?v=HWfQtr2bQaM


Na canción falan do sol, de paxaros, de cores, de bosques... e a ti que palabras che veñen á cabeza cando pensas na primavera? Debúxao, escríbeo...

PRIMAVERA I

No mes de marzo comeza a primavera, este ano comezou o día 20, que dia da semana foi? Búscao no calendario...

 
- Cantos días ten o mes de marzo? 
- Que día da semana remata? 
- Que día é hoxe? 
- Xa falta pouquiño para que remate este mes, cantos días? 
- Que mes vén despois?






mércores, 25 de marzo de 2020

MARZO

Neste mes estabamos a traballar AS MULLERES BRILLANTES DAS NOSAS FAMILIAS.
Non vos esquezades de investigar e preguntar!!🔎🔍



OBRADOIROS NESTE TRIMESTRE

Nestes meses Ainhoa, Dani e Xoel fixeron un comedeiro para os paxaros e Clara Po fixo un bote da calma.



DIA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Na clase aprendimos algunhas cousas sobre esta importante escritora galega.



Tamén fixemos marcapáxinas para os contos...











e aprendimos unhas estrofas do poema "Adios ríos, adios fontes".

TEATRO COA FUNDACIÓN ABANCA

Maiores do grupo de teatro da Fundación Abanca achegáronse ao cole para representarnos o conto titulado "A árbore do cole". Moitísimas grazas pola actuación!👏👏


ENTROIDO

Neste mes tivemos motísimo traballo coa preparación do Entroido.
Aprendimos a facer sobremesas típicas destas datas. Visitáronnos integrantes do Entroido de Samede para explicarnos como recuperaron o entroido nesta aldea de Paderne. Elaboramos parte do noso disfraz. Ensaiamos para o desfile...



Clicade na imaxe de abaixo para cantar e bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona a canción "Esto bailase así!!"😁
https://www.youtube.com/watch?v=oMmcstVxFoI&list=RDoMmcstVxFoI&start_radio=1


VISITAMOS O RECUNCHO FEDELLEIRO

Ao lado da Biblioteca creouse o "Recuncho Fedelleiro". Un lugar onde ir experimentar con xogos de enxeño, de construcción, de ciencias... Ademáis tivemos a sorte de ver pitiños de Mos na incubadora que teñen aí os compis de 4º.


ELENA FERRO

Visitou o cole a zoqueira Elena Ferro. Grazas a ela puidemos coñecer como se elaboran os zocos como os que leva Sabela e a levan por lugares fantásticos.


QUE PASOU EN FEBREIRO?

A pesar de ser o mes máis curto do ano, aconteceron moitísimas cousas!!

Tomás, con moito entusiasmo, amosounos un niño de avespa velutina.


martes, 24 de marzo de 2020

DÍA DA PAZ

Cantamos a canción DE FESTA! de Uxía Lambona e a Banda Molona. A bailar coma Tolxs!!!

https://www.youtube.com/watch?v=jU5iPiBMys4

PERSENSAR

Chega o día da Paz e con el o equipo da Biblioteca proponnos unha actividade moi orixinal. Traballar a Paz a través da arte. Na nosa clase traballamos a Luis Seoane, coñecimos a súa vida e algunhas das súas obras que intentamos reinterpretar.
Entre todo o cole elaboramos un mural da Paz, no que escribimos palabras relacionadas con ela.




OBRADOIROS NA BIBLIOTECA

Durante estes meses na Biblioteca do cole leváronse a cabo distintos obradoiros de manualidades elaborados con material de refugallo. As profes Ana e Belén axúdanlles aos nenos a levar a cabo estas chuladas, botádelle unha ollada👀!!
https://view.genial.ly/5e79da9d6aaaa60d82fcca8b/presentation-obradoiros-cole1
Clica na imaxe

NADAL


No cole celebramos un Festival de Nadal, aprendimos unha canción de Mamá Cabra "Xa me tardan estes magos", clica na imaxe para escoitala e cantala.🎶
https://www.youtube.com/watch?v=KGFRC8-evuA


APRENDEMOS SOBRE OS OFICIOS...CARTEIRO E CARTEIRA

A través dun xogo, no que tiñamos que axudar a un compi a adiviñar a que se adicaba, traballamos os oficios. Aproveitando que xa estabamos mergullados en tempo de nadal, escribimos unha postal para as nosas familias e coñecimos máis polo miúdo o oficio de carteiro e carteira visitando a oficina de correos de Betanzos.

CONTO DE SABELA

Inventamos para a nosa amiga Sabela un conto superchuli... O título é SABELA NA PRAIA... Tiñamos preparado material na clase para facer o noso conto en papel con texturas, pero queda para a volta👩!!


E CHEGAMOS A DECEMBRO...

Con decembro chegou o inverno e aprendimos esta poesía do libro "Bechopoemas" de Leire Bilbao.


luns, 23 de marzo de 2020

25 de NOVEMBRO

Este día conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero.
Fixemos un mural colaborativo entre os compañeiros e compañeiras de 1º no que escribimos como queremos que sexa Sabela.



Tamén participamos na elaboración dun mural colectivo entre todo o cole, no que escribíamos palabras e frases bonitas e palabras e frases feas que non deberíamos dicir.









Ademais, aprendimos a canción de Charo Pita "Rosa e Azul", do álbum No país do Vento e a interpretamos ao noso xeito...


 Se queredes escoitar a canción enteira e orixinal, clicade na imaxe de abaixo.
https://www.youtube.com/watch?v=XLpaA56pafw

ONDE VIVIMOS?

Sabela segue argallando... Agora quere saber onde vivimos, en que rúa, si nunha adea ou nunha vila...
Así que despois de investigar e buscar, colocámosnos cada un no noso lugar!




EN NOVEMBRO COMEZAMOS.... AS LECTURAS COMPARTIDAS

Os nenos e nenas de clase estrean padriños e madriñas lectoras.
Trátase dunha actividade organizada pola biblioteca, na que a rapazada de 5º léelle contos aos de 1º.
Nós compartimos lecturas cos nenos e nenas de 5ºC. Nesta primeira xornada coñecémosnos, contámoslles os nosos gustos de lectura,...


SAMAÍN

Rematamos o mes de outubro coa festa do Samaín. 


COÑECEMOS A BIBLIO

Neste mes fumos á Biblioteca do cole, onde nos ensinaron como funciona, como están colocados os libros nos andeis e como temos que facer cando levamos un libro para casa.
A encargada de ensinárnola foi a profe Bea, que ademais nos leu un conto chulísmo "Oso quiere volar".

MAGOSTO

A finais de mes festexamos o Magosto. O profe David preparou xogos, mentres os papás e as mamás asaban as castañas...



APRENDEMOS A SER ARQUITECTOS E ARQUITECTAS

Sabela no seu conto amosounos os planos do seu cole e da súa casa. A través dunha carta que nos enviou á clase,  quixemos emulala como verdadeiros e verdadeiras arquitectas e arquitectos.


CHEGA OUTUBRO... E CON EL A FESTA DAS UVAS

Cun pouco de retraso no cole festexamos a festa da Vendima. Cada neno e nena trouxo da casa un acio de uvas para facer o mosto cos compañeiros. Xuntámosnos no patio, descalzámonos e....


APRENDEMOS A RECICLAR!

Xa sabemos o importante que é a reciclaxe. Na clase aprendimos a importancia dos tres "R".
A reciclar botando cada residuo no seu lugar, a reutilizar empregando material de refugallo para darlle un novo uso e a reducir residuos traendo botellas de auga reutilizable, traendo a merenda en envases reutilizables,... xerando así menos lixo na clase.

COÑECEMOS O COLE

A través das páxinas do seu conto, Sabela foinos amosando como era o seu cole. Os distintos espazos que o conforman, as distintas persoas que traballan nel,...
E así, entre todas as clases de 1º fumos presentando as distintas dependencias do cole.
Esta foi a nosa parte...
  Se queredes ver o vídeo completo podedes vivitar o blogue da biblio na pestana Proxecto Documental Integrado.

E ASÍ VEMOS A SABELA...








E COMEZAMOS EN SETEMBRO...

O curso comezou no mes de setembro e, a partir dese momento, Sabela entrou na nosa clase...
Sabela ten unhas zocas especiais, si, unhas zocas máxicas que, cada vez que as pon fai, que realicemos unha viaxe sorprendente a lugares que coñecemos, pero que, grazas a ela, vemos doutra maneira.
A través de Sabela e as súas zocas imos descubrindo como é o noso cole, como é a nosa aula, como é o lugar onde vivimos...

Sabela e as zocas máxicas. Proxecto Terra. COAG