venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN!!!

Aquí vos deixo unha mostra do noso ano, tanto dentro coma fóra do cole... 
Estou superorgullosa 😍, sodes uns CAMPIÓNS e CAMPIOAS🏆!!
Vémonos en 2º😉!!!



martes, 16 de xuño de 2020

HOXE CONTAMOS UN CONTO...

Nesta semana as profes de 1º deixámosvos na Aula Virtual cachiños de contos e de poemas moi bonitos. Xa os escoitáchedes? Se vos apetece podedes facer un debuxo dalgún deles...


JANO COMPARTE

Jano comparte con nós todo o que medrou e os seus xogos coa súa mascota!!





AS RAS DA CLASE

Aquí están as ras que inventaron Ethan, Iria e Jano...

luns, 15 de xuño de 2020

MULLERES BRILLANTES

Estes días, revisando fotos do curso, atopei estes vídeos... Non andaban perdidos... Estaban á espera do regreso ao cole... que finalmente non puido ser....😔😢
Ainhoa, Ethan e Christopher, Sara, Valeria, Xoel e Naiara compartiron con nós as mulleres brillantes das súas familias. Hoxe, seguramente, serían moitísimas máis!!!

TRABALINGUAS de CLARA Po

Clara sí foi quen de repetir rapidísimo o seu trabalinguas👏!!


XOGO DE MANS de IRIA

Seredes capaces de facer o xogo que propón Iria? Para min dificilísimo👵😅!!






xoves, 11 de xuño de 2020

MEDRAMOS...

Ao final foron case tres meses na casa. Podedes merdirvos e mirar a vosa altura na actividade que fixemos na clase cando falamos da "Alimentación e da Saúde". Seguro que moitos de vós medráchedes un montón durante estes días... Na miña casa medraron un pouco, mirade as marcas👀!!




XOGO DE MANS de Xoel

Xoel e a súa mamá fan un xogo de mans super difícil, eu non son quen de facelo… E vós? Seguro que sí!! Coñecedes algún outro?


BARQUIÑO DE PAPEL

Mirade que chulada fixo Jano!!



luns, 8 de xuño de 2020

XOGAMOS COAS MANS

De nena coñecía un montón de xogos de palmas👏✋... Agora xa non recordo moitos…. Ti sabes algún? Ensínasmo para aprendelo?
Déixovos o de "Chocolate" a ver se o sabedes...



DEBUXAMOS COS DADOS

A VIAXE DO LIXO

Jano fai unha interpretación moi orixinal da viaxe que fai a basura da casa ao colector...