mércores, 29 de abril de 2020

ETHAN CÓNTANOS O SEU FINDE

RATO PÉREZ

Así imaxinan as Claras, Ethan e Jano ao Rato Pérez cando pasa pola súa casa 👦💭👧💭 a recoller os seus dentes!!

FREDERICK

Hoxe propóñovos ver e escoitar o conto dun rato moi especial "Frederick", de Leo Lionni, da editorial Kalandraka.

E vós tamén sodes capaces de facer maxia coma Frederick?



martes, 28 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

O 22 deste mes foi o Día Mundial da Terra e Jano quixo celebralo facendo esta bonita creación😍.


#CLARAQUEDANACASA

Clara Po cóntanos o que está a facer na súa casa, e ti.... Anímaste?


XOGAMOS AO MIKADO?

O Mikado é un xogo de orixe chinés onde se desenvolve a coordinación ollo-man. No cole tiñamos un e aos nenos e ás nenas gustáballe moito. Podemos facer un con paíños de brocheta... Neste enlace podedes ver as instruccións do xogo https://scandallos.wordpress.com/2015/02/04/el-juego-del-mikado/

luns, 27 de abril de 2020

RECEITARIO



Grazas ás pequenas cociñeiras e cociñeiros, coa axuda das súas familias, o noso receitario vai enchéndose de páxinas… Botádelle unha 👀👀!!
E ti... que receita estás a facer?





















QUE FIXEMOS ESTE FIN DE SEMANA?

Lembrades esta pregunta? Hoxe é luns e era a pregunta que faciamos no cole para saber que cousas fixéramos durante o sábado e o domingo. 
Hoxe vou contarvos eu o que fixemos onte na miña casa. 


Se queredes, tamén podedes compartir o voso finde con nós, ben nunha carta, nun debuxo escribindo o que fixéchedes ou ben nun audio, como vós prefirades...
Espero as vosas achegas❤😍!!!

venres, 24 de abril de 2020

EN 1ºD GOZAMOS COA LECTURA!!


FACEMOS REGLETAS

Esta semana propuxémosvos na Aula Virtual a carreira de regletas. Aquí vos deixo una presentación de como facelas. Eu fíxenas con cartulina branca porque é máis sinxelo manipulalas que con papel. Pero xa sabedes co que teñades por casa!!













mércores, 22 de abril de 2020

MERO

Mero, a mascota da horta do cole, quere saber se estes días estades a facer algún xogo ou algunha manualidade con material de refugallo ✂💿📃... Algúns compis da clase xa fixeron algunha cousiña... e vós? Seguro que sí, mandádema e llela fago chegar💻!!



#CLARAQUEDANACASA


PEQUENAS E PEQUENOS ARTISTAS

Tedes recortes de papeis ou de cartulinas? Xornais ou revistas vellas? Escarvadentes? Pegatinas? Pegamento? Tesoiras? Que vos parece se con elas facemos unha pequena-gran obra de arte???



Non vos esquezades de poñerlle o título e voso nome!!


martes, 21 de abril de 2020

#CHRISTOPHERQUEDANACASA


RATO PÉREZ

Sabedes que? Entereime, de casualidade, que o Ratiño Pérez 🐀 anda a visitar algunha das vosas casas... Fúchedes capaces de pillalo collendo os vosos dentes? Non?... A verdade é que é un pillo, non se deixa ver nunca 😉!! Como imaxinades que é?
 Como será o ratiño que aparece por esta porta? Debuxádeo...📝
 

COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS NA CASA

Polo que me contades vexo que axudades un montón nas tarefas da casa. Moitos de vós estades a ser uns profesionais da cociña e da repostería...🍪🍰🍳!!!
Que vos parece se entre todos e todas facemos un Libro de Receitas? Vós so tedes que escribir o nome da receita, os ingredientes que precisades e facer un debuxo da comida ou da sobremesa que fixéchedes coas vosas familias. Eu despois preparareino neste libro...

luns, 20 de abril de 2020

#JULIAQUEDANACASA

Julia, neste vídeo, quere compartir con nós o que fai na casa...


E vos,... animádesvos??

ESCRIBIMOS COS DADOS...

Poñemos a funcionar a nosa cabeciña e... 👦👧📝

 

RECTA NUMÉRICA

Colocamos números na "recta numérica", así tamén sabemos a que decena está máis cerca. Déixovos un exemplo sinxeliño, pouco a pouco podedes ir aumentando a complexidade, poñendo tres decenas (10-20-30),...

 

venres, 17 de abril de 2020

LEMOS... UN DÍA DE TREBOADA

A editorial Baía Edicións dispuxo para libre lectura algúns dos títulos da súa colección infantil. Aquí vos deixo un deles para que gocedes coa historia.

   


#SARAQUEDANACASA

Sara quere compartir con nós o que está a facer na casa estes días!!

 

LIBRE PARA VOAR!!

Escoitamos esta bonita canción de Sergio Tannus do seu disco "Alegría".
https://www.youtube.com/watch?v=HxZd-iKj6yk
PREME NA IMAXE PARA ESCOITALA


 E a vós, onde vos gustaría voar? Debuxádeo e nolo ensinades...🎨

xoves, 16 de abril de 2020

#ETHANQUEDANACASA


ESCRIBIMOS...

Que vos parece se escribimos un diario do que facemos hoxe? Do que máis nos gustou? Do que menos? Se estivéchedes contentos ou se vos enfadáchedes...
Animádevos!!!


TEATRO DE SOMBRAS

Imos deixar voar a nosa imaxinación creando personaxes e facendo o noso teatriño... A ver que historias tan chulis inventades😉😉!!

mércores, 15 de abril de 2020

#NAIARAQUEDANACASA

Hoxe Naiara quere contarnos as cousas que fai na súa casa...😍😍!!

LABIRINTO DE PALABRAS

O xogo é a versión escrita de "Palabras encadeadas". Podemos facelo en galego ou castelán, coas palabras que se nos ocurran ou facelo por temas. Ademáis, tamén, podemos traballar a separación de sílabas📝!!

 

XOGAMOS COS NÚMEROS... DITADO


Se queres xogos on line, clicade no enlace:

martes, 14 de abril de 2020

#QUEFACEMOSNACASA


Animádevos a contarnos o que estades a facer estes días na casa... 
Estou segura que os compis se poñen super-contentos de escoitarvos, eu por suposto que si! Teño moitísimas gañas de vervos😊😍😘😘!!

COMPARTIMOS

Algúns dos compis queren compartir con vós as cousiñas que están facendo dende casa...

luns, 13 de abril de 2020

XOGAMOS AO 3 EN RAIA


LEMOS UN CONTO



PREMEDE NO ENLACE PARA ESCOITALO: https://www.youtube.com/watch?v=zwpx6wdzDkw

e agora... traballamos co conto:

 









e tamén xogamos, que vos parece se facemos uns monicreques e interpretamos o conto? Xa me ensinaredes que chuladas fixéchedes😍😍!!

FELICIDADES!!

Este fin de semana os nosos compis Álvaro e Andrea celebraron o seu aniversario... Moitas felicidades chicos😍🎂🎉🎈🎈!!!
https://www.youtube.com/watch?v=hFCmWt0jlsw
PREME NA IMAXE ...
 

mércores, 8 de abril de 2020

CREAMOS HISTORIAS CON PAPIROFLEXIA

Agora que xa temos a balea e o can feitos, además de xogar con eles, que podemos facer??
Na páxina web Mates+TIC déronme unha idea... e se facemos historias con elas?

 

Cos vosos animais seguro que podedes rematar estas historias... 

Animádesvos??
 
Enviádeme as vosas creacións, a ver que chuladas fixéchedes 😍😍😍

 

PAPIROFLEXIA

A papiroflexia ou origami é un arte xaponés, que consiste en facer figuriñas a través dos pregados que se lle fan ao papel.
Comezamos con dúas figuras sinxeliñas: unha balea e un can. Xa me ensinaredes como vós quedaron!! 


 

luns, 6 de abril de 2020

ESCRIBIMOS ABSURDOS

Un absurdo é unha tontería, aí vos deixo parellas de obxectos para que escribades o que se vos ocurra... 
Dádelle ao coco 👦💭👧💭!!

 

FACEMOS UN TANGRAM

O tangram é un xogo chinés que consiste en formar siluetas coas pezas que o conforman a modo de crebacabezas.
Déixovos un vídeo de cómo facelo, pero necesitaredes axuda dalgún 👨👩. 
Xa me ensinaredes as vosas creacións, seguro que son XENIAIS👍!!!


Aquí tedes un enlace con plantillas para facer distintas figuras:

https://www.imageneseducativas.com/tangram-figuras-para-imprimir-plantillas-incluidas/

 

mércores, 1 de abril de 2020

XOGAMOS COAS LETRAS

Déixovos algúns enlaces a xogos on line 💻de ortografía, de separación de palabras...

Xogos de ortografía:
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-primero


Xogos de separación de palabras:

E outro máis rústico, tipo scrabble ou encrucillado, pero feito na casa😂. Trátase de escribir unha palabra nun papel e, a partir de aí, ir escribindo outras por turnos. Podemos facelo coas palabras que nos veñan á cabeza ou temático (prendas de vestir, partes do corpo,...).