martes, 21 de abril de 2020

COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS NA CASA

Polo que me contades vexo que axudades un montón nas tarefas da casa. Moitos de vós estades a ser uns profesionais da cociña e da repostería...🍪🍰🍳!!!
Que vos parece se entre todos e todas facemos un Libro de Receitas? Vós so tedes que escribir o nome da receita, os ingredientes que precisades e facer un debuxo da comida ou da sobremesa que fixéchedes coas vosas familias. Eu despois preparareino neste libro...