venres, 29 de maio de 2020
COMPARTO...
Comparto con vós unha foto da clase, como estaba cando entrei e como a deixei ao marchar...
Queredes vós compartir con todos algunha foto do que estades a facer?
xoves, 28 de maio de 2020
BARQUIÑO DE PAPEL
Comeza o bo tempo, e imos pasear en barco... Facemos un?
Que vos parece se inventades unha historia 👧💭👦💭🚤? Se queredes, mandádema e a subimos ao blog para que a vexan ou a lean os compis!!!
JANO EXPLORA BETANZOS
A Jano encántalle investigar e, como sabe que Betanzos agocha moitos misterios, quere descubrilos...
mércores, 27 de maio de 2020
A MASCOTA DE JANO
Jano participou no programa de radio falando da súa mascota. Acompañou a presentación con fotos, que agora vos amosamos 👀🐛...
martes, 26 de maio de 2020
TI RECICLAS?
Esta semana no #ocolenacasa repasamos o tema do Medioambiente. Na clase reciclábamos, lembrades? Tiñamos papeleira para os restos das merendas, outra para os envases de iogur e de zumiños, unha caixa de cartón para os papeis e outra para os tapóns… E ti na casa, como reciclas? Cóntanolo a través dun vídeo, dun audio ou dun debuxo!!
MÁIS VIDA ANIMAL
Lucas máis a súa irmá Ainhoa seguen a compartir con nós os animaliños que visitan a súa casa...
JANO PREPÁRASE PARA POETA
Jano decidiu probar a ver que tal se lle daba iso de rimar... A que o fai xenial??!!
luns, 25 de maio de 2020
AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Jano, Clara Pe, Iria, Ethan, Xoel, Clara Po, Xiana e Tomás comparten con nós as súas pitas...
venres, 22 de maio de 2020
REPASAMOS OS MESES?
Repasamos os meses do ano nesta canción tan bonita de Uxía e Magín do disco "Canta o Cuco" en homenaxe ao escritor Manuel María.
CANCIÓNS PARA ADURMIÑAR AOS BEBÉS
Ethan e Julia comparten con nós as cancións que lles cantaban cando eran bebés, e ti... con cal quedabas adurmiñad@?
xoves, 21 de maio de 2020
mércores, 20 de maio de 2020
DESEÑAMOS?
Lembrades que fixemos uns deseños super chulis duns zocos cando nos veu visitar Elena Ferro? Agora como temos que usar mascarilla para ir de paseo ou ir a algún recado con papi ou con mami, que vos parece se deseñades e decorades as vosas mascarillas?
martes, 19 de maio de 2020
luns, 18 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
xoves, 14 de maio de 2020
OS BOLECHAS E AS LETRAS GALEGAS 2020
Para coñecer un pouquiño máis a Ricardo Carvalho Calero, déixovos o conto dos Bolechas que nos achegan á unha das súas obras.
mércores, 13 de maio de 2020
O XENIO DOS DESEXOS
Agora… Imaxinade 👧💭👦💭unha fonte que haxa preto da vosa casa...
Se esa fonte fora máxica🔮…. Que desexo pediríades???
Se che apetece compartilo con nós escríbeo, debúxao, cóntao...
martes, 12 de maio de 2020
DETECTIVES DE FORMAS
Julia e a súa familia estiveron a investigar👪 🔎as formas xeométricas que había no seu cuarto... Mirade que chulada fixeron!!
LETRAS GALEGAS 2020
O domingo é 17 de maio, día das Letras Galegas, este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Escribiu moitos libros, novelas, poesías, obras de teatro... Nunha destas obras de teatro titulada "O fillo" aparece esta canción de cuna:
Durme, meniño, no teu berce
durme, que os montes están cheos de neve.
Durme, meniño, no teu barrelo
durme, que os montes están cheos de medo.
Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera
ti choutarás polas floridas veigas.
luns, 11 de maio de 2020
venres, 8 de maio de 2020
MAQUETAS DO COLE
Hai unhas semanas estivemos a repasar o 🏫COLE. Jano, Ethan e Naiara ensínanvos as maquetas tan chulis que fixeron na casa😊!!
xoves, 7 de maio de 2020
NON SERÁ PARA SEMPRE
A cantar e a bailar coa canción gañadora do concurso da Televisión de Galicia #EstamosXuntosNisto, 🎤🎵😃!!
NAIARA CÓNTANOS O SEU CONTO FAVORITO
Naiara animouse a falarnos do conto que máis lle gusta😍. Titúlase "Las princesas usan botas de montaña", de Carmela Lavigna. E a ti? Cóntanos cal é o conto que che gusta ❤📖💭...
mércores, 6 de maio de 2020
O CONTO DE SARA
Lembrades os animaliños que fixemos de papiroflexia? Sara inventou unha historia coa balea... Lede o contiño a ver que lle pasa...
COMPARTIMOS TRABALLOS...
Déixovos un "libro" onde podedes ver as creacións dalgúns dos vosos compañeiros e compañeiras feitas con material de refugallo, a que son chulísimas😍?
martes, 5 de maio de 2020
CRUCIGRAMA DE NÚMEROS
luns, 4 de maio de 2020
MONSTRUO ROSA by Clara Po
Olga de Dios é a escritora e ilustradora deste conto. Na web da autora, tedes acceso á libre descarga deste conto, ao igual que LEOTOLDA, que compartín con vós hai semanas. É o conto preferido de Clara Po e así nolo conta....❤❤
CHEGA O MES DE MAIO!!!
O mes tan desexado por algún de vós, verdade? Quen cumple 7 aniños este mes? Botádelle unha ollada ao calendario...👀
ABRIL REMATOU....
O mes de abril rematou, e así foi o tempo na miña casa....
E na vosa...? Atrevédesvos a facer de "Nenos e Nenas do Tempo" e facer o noso METEOVALES?? Contádesnos como foi o tempo por aí☀☂⛅⛈??
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



























