martes, 12 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O domingo é 17 de maio, día das Letras Galegas, este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Escribiu moitos libros, novelas, poesías, obras de teatro... Nunha destas obras de teatro titulada "O fillo" aparece esta canción de cuna:
Durme, meniño, no teu berce
durme, que os montes están cheos de neve.
Durme, meniño, no teu barrelo
durme, que os montes están cheos de medo.
Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera
ti choutarás polas floridas veigas.

E a ti... Cando eras pequeniño e pequeniña que canción te cantaban para que colleras o sono? Queres cantárnola🎶, recitárnola👧👦, escribírnola📝… Anímate!!